OUTROS RECURSOS

"GUÍA DE ORQUESTRA PARA XOVES" de Benjamin Britten. Musicograma no que se amosan as distintas seccións da orquestra. Elaborado por Helena Verdoy Torra, a quen agradecemos esta aportación.

LA BADOISE: polka procedente do folklore francés. Moi divertida e recomendable xa desde o Primeiro Ciclo. O vídeo foi extraído do blog de Danzas do Mundo de Begoña Rodríguez, a quen agradezo a súa xenerosidade por compartir tan valiosos recursos con todos os que temos curiosidade polas danzas do mundo e as súas aplicacións didácticas na escola.


DANZA DA CHUVIA: Os nenos e nenas de 5 anos do CEIP Coirón-Dena interpretan esta danza para acabar coa sequía.
 AUDICIÓN "El carnaval de los animales", de Camille Saint-Saëns. Achegámonos a esta obra a través dun conto que de seguro lle gustará aos máis pequenos. Agradecementos:Juventides Musicales de Alcálá.

DANZA ALEMANA "Ku Tschi Tschi" Danza moi divertida especialmente indicada para Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.

DANZA RUMANA "Alunenu alunelu hai la joc" Se nos concentramos sae ben!. Pódese facer con alumnos de 2º ciclo. (Para aprendela ben recomendo non fixarse no tipo de pantalón gris e camisa negra, mellor atendede á muller que está á súa esquerda)

DANZA IRLANDESA "Circassian circle". Pódese facer perfectamente con alumnos de 3º ciclo.
  
A ZANFONA: Como funciona?
 
RITMOGRAMA: "Coro de nenos" da ópera "Carmen", de Bizet.

No hay comentarios:

Publicar un comentario