20 jun 2014
O Misterio de Fina
O alumnado de 6º de Primaria está buscando á gata Lúa. Na súa búsqueda coñecerán a moitos dos personaxes dos libros da escritora Fina Casalderrey, pasando polos escenarios das súas obras. Atoparán finalmente a Lúa?
17 jun 2014
Gato Vermello e Gato azul
Nesta ocasión, os nenos do C.E.I.P. Coirón-Dena contan a historia de dous gatos que se levaban fatal, e iso só porque cada un deles quería ser coma o outro. Ao final do conto poderedes desfrutar coa canción que fixemos inspirados nesta bonita historia.
Os petos de Loreto
O alumnado de primeiro de primaria cóntanos o conto dos Petos de Loreto cunha canción moi marchosa.
4 jun 2014
Bonito!
Neste vídeo contamos, a través dunha canción cantada polo alumnado de 2º Ciclo, os momentos vividos ao longo dun percorrido polos lugares e aldeas da nosa bisbarra.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)