NOVA GALEGA DE DANZA coa Orquestra de Jazz de Galicia "Moliñeira de Bazal". Galicia Calidade!
PAT METHENY "Minuano (six eight)". Un xenio! (Adicado a Marcial con todo cariño).
PAT METHENY The Orchestrion Project. Mirade en que inventos anda ocupado este home. Se tedes interese ou curiosidade neste proxecto musical podedes ampliar a información no seguinte vídeo de youtube: Pat Metheny Orchestrion @ CBS 4-3-11
CANDY DULFER "Life Of The Party". Simplemente un directo maxistral.
MACEO PARKER "Let's Get It On" . Neste vídeo, o xenial saxofonista Maceo Parker , xunto cunha banda de impresión (Pee Wee Elis ao saxo tenor, Fred Wesley ao trombón, Jerry Preston ao baixo e voz solista, entre outros), consegue un sonido perfectamente empastado e riquísimo en matices na interpretación deste tema de Marvin Gaye. Nunca catro acordes deron para tanto. Envexo a toda esa xente que conseguiu entrar nesa sala.
GORAN BREGOVIC "Bubamara". Esta canción forma parte da banda sonora de "Gato negro, gato blanco" do cineasta Emir Kusturica. Tanto a película como a súa música, ademáis dunha calidade extraordinaria, teñen propiedades terapéuticas de éxito comprobado contra a tristeza, depresión, baixón e outros males polo estilo.
HONEYWAGON "Thriller". O exitoso tema do grande do pop Michael Jackson, pertencente a un disco no que se recrean as súas cancións en clave bluegrass.
MARIA SCHNEIDER Jazz Orchestra "Hang Gliding". O Vídeo é longo, pero se o escoitades con atención, poden ser trece minutos moi ben invertidos.
IVÁN LINS - "Depois dos temporais".
Quero adicar este primeiro tema á nosa compañeira CUCA por facer posible este e outros blogues do centro e por un montón de cousas máis (todas boas).
Estrenamos este rincón do blogue de música cunha canción duns dos autores máis interesantes da MPB (música popular brasileira). "Depois dos temporais" é unha fermosa canción de amor, aderezada cuns arranxos magníficos e cun solo do guitarrista Leo Amuedo que vale a pena escoitar con atención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario